LOPO LOPO, ANTÓN

Baixo Distintos Nomes, Antón Lopo (Monforte De Lemos, 1961) Desenvolve Unha Exploración Poética Que O Aproximou Ás Latitudes Da Performance, Do Teatro E Da Acción. Actualmente Dirixe A Editorial Chan Da Pólvora. Deuse A Coñecer A Finais Dos Anos Oitenta Con "Sucios E Desexados", Libro De Poemas Ao Que Seguiron, Entre Outros, "Manual De Masoquistas" (1991), "Om" (1997), "Pronomes" (1998), "Fálame" (2004) Ou "Libro Dos Amados" (2005). Nos Últimos Anos, Indagou Na Oralidade E Na Poesía Física Con "Prestidixitador" (Teatro Galán, 2001), "Accións" (Galería Trinta, 2003), "Dentro" (Casa Da Parra, 2005) E "Lampíricos" (Galería Dispara, 2012), Propostas Onde A Escrita Deu Paso A Outros Soportes Poéticos Como Fotografía, Vídeo, Instalación Ou Memoria. Como Novelista, Publicou "As Reliquias" (Xerais, 1991), "Ganga" (Xerais, 2001) Ou "Obediencia" (2010), Premio Garcia Barros. Tamén Cultivou O Ensaio, A Tradución E A Biografía. A Peza Dramática "Os Homes Só Contan Até Tres" (Xerais, 2005) Valeulle O Premio Álvaro Cunqueiro E O Poemario "Corpo" (Xerais, 2018), O Vi Premio De Poesía Manuel Lueiro Rey

Libros